martes, 5 de febrero de 2013

Entroideando

Ao longo desta semana celebrouse o entroido, para iso, tivemos que estar moi atentos as indicacións do Meco, xa que cada día nos indica como vir ó día seguinte.

A mensaxe do Meco para o luns é: "Para que sexa un día de gozo, trae algo no pescozo".
Ese día pola tarde tivemos unha degustación de filloas, Chano ensinounos como se fan, e como non, houbo que probalas para ver o ricas que estaban.


A mensaxe do Meco para o martes é: "Con moita destreza ponte algo na cabeza".
Así de elegantes viñemos.

                                    


A mensaxe do Meco para o mércores é: "Como somos galopíns, por enriba dos pantalóns levamos os calcetíns".
Así de divertidos estábamos.



A mensaxe do Meco para o xoves é: "Non sexas empanada  e trae algunha parte da cara pintada".
Mira que graciosos!


Pola tarde fixemos a gran festa de Infantil, cada un trouxo o disfrace que quixo, que variedade!!!

                                    




E por fín chegou o venres!!!! Día dos TROGLODITAS!!!


                         

lunes, 4 de febrero de 2013

Canción dos "Trogloditas"



Este ano no colexio imos disfrazarnos das "Etapas da historia". En infantil decidimos ir de Trogloditas e bailaremos esta canción:


viernes, 1 de febrero de 2013

30 de Xaneiro Día da Paz

Para conmemorar  o día da Paz, levamos a cabo diferentes actividades:

  • Comezamos confecionando nun mural o Arco da vella  con pombas de cores.

  • Logo visualizamos unha montaxe de fotos dos cativos, velaí a adxuntamos para que a poidades ver:





BENVIDOS

Neste espazo imos reflexar as diversas actividades que levaremos a cabo cos nenos e nenas de Infantil.